viernes, noviembre 22, 2024
InicioConcellos +As NevesA Deputación de Pontevedra invirte 1,7 millóns de euros en 9 concellos

A Deputación de Pontevedra invirte 1,7 millóns de euros en 9 concellos

Serán beneficiarios destes recursos os concellos de A Estrada, As Neves, Caldas de Reis, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Ponteareas, Salvaterra de Miño e Sanxenxo.

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar 1,7 millóns de euros para que nove concellos da provincia impulsen novos investimentos ao abeiro da liña 1 do Plan +Provincia. En concreto, benefícianse destes recursos A Estrada, As Neves, Caldas de Reis, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Ponteareas, Salvaterra de Miño e Sanxenxo.

Servirán, en palabras do presidente provincial, Luis López, para “acometer obras en estradas, melloras na rede de saneamento, acondicionamento de espazos, actuacións de mobilidade peonil e humanización ou, entre outras iniciativas, mellorar instalacións deportivas”. En total, o goberno provincial xa aprobou este ano 24 M € dos 48,2 M €
dos que está dotado este programa para transformar a vida das veciñas e veciños dos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.


Desta maneira, cos recursos aprobados esta semana pola Deputación de Pontevedra, O Porriño contará con 78.000 € para a adquisición dunha nova parcela; As Neves 85.000 € para instalar dúas pistas de pádel na área deportiva da Caiña, en Santiago de Tortoreos; Salvaterra de Miño 106.669 € para realizar melloras en vestiarios das instalacións deportivas do Casal, O Rosal recibirá 126.484 € para a adecuación dos camiños de Marzán, do Xogo e da Cangostra, e A Estrada contará con 136.869 para o acondicionamento de xardíns.


Ademais, Ponteareas recibirá 162.732 € para a adquisición de material para a Festa de Interese Turístico Internacional e Ben de Interese Cultural (BIC) do Corpus Christi; Sanxenxo 166.604 para as obras de humanización do acceso á Praza Travesía Areal, en Portonovo; Caldas de Reis contará con 403.358 euros para a primeira fase do saneamento de residuais en Soutelo de Abaixo, e Nigrán con 466.112 € para a segunda fase da mellora de beirarrúas e instalacións na rúa Mariñeiro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS