lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísO Supremo recoñece a Galicia 200 millóns de euros do Estado

O Supremo recoñece a Galicia 200 millóns de euros do Estado

O Tribunal Supremo (TS) da a razón a Galicia, que poderá recuperar os ao redor de 200 millóns que lle  reclamaba ao Goberno central en concepto do IVE pendente de decembro de 2017.

Alberto Núñez Feijóo:

Do recadado en Galicia «o 50 por cento do IVE e do IRPF corresponde aos galegos. Recuperar agora os ao redor de 200 millóns que esixía a Xunta (204 millóns) é, en palabras do presidente, «unha moi boa noticia» no actual contexto económico da pandemia.

O alto tribunal xa avalara esta esixencia de Castela e León, por iso non é unha sorpresa, aínda que si «unha excelente noticia» segundo Feijóo.

A Xunta «tiña razón» e que «non ten sentido» que o IVE recadado na Comunidade e correspondente a ese mes de decembro de 2017 «non repercuta na facenda pública autonómica».

Feijóo lembrou que o «conxunto» de autonomías impulsaron esta reivindicación e apuntou que se expuxeron propostas de negociación ao Executivo que dirixe Pedro Sánchez, pero «todas foron rexeitadas», o que levou a «xudicializar» o proceso para que o Goberno central fixese fronte á súa «débeda».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS