viernes, noviembre 22, 2024
InicioActualidadeEducaciónTralas pegadas do viño, en Ribadavia

Tralas pegadas do viño, en Ribadavia

Xornada divulgativa sobre cultura, patrimonio e paisaxe da vide e o viño. este martes, 14 de maio, de 18.00 a 21.00 horas, no salón de actos do Consello Regulador DO Ribeiro

Desde a Facultade de Xeografía e Historia da UNED ponse en marcha todos os anos o programa de Humanidades a curta distancia que consiste en achegar os traballos de investigación que están a facer os profesores da facultade aos estudantes nos centros asociados.

Por ese motivo organízase en Ribadavia as xornadas «Tras as Pegadas do Viño: Percorrido pola Tradición Vitivinícola do Noroeste Peninsular».

A asistencia é gratuíta, con entrada libre ata completar a capacidade da sala. Aquelas persoas interesadas en obter un certificado de asistencia debe inscribirse previamente.

Ao final das xornadas haberá unha cata de viños comentada a cargo de técnicos da EVEGA e CRDO Ribeiro

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS