De cara a próxima cita coas urnas, a portavoz nacional, Ana Pontón, proclamou que o BNG é o equipo da casa, a candidatura de País.
A líder nacionalista defendeu o dereito de Galiza a estar presente na UE “con voz e voto” cando se negocien asuntos que afectan directamente, en particular no relativo ós sectores produtivos, “porque ninguén mellor que nós para defender o noso”, alegou.
O escano galego non só servirá para colocar Galiza na axenda europea senón que tamén contribuirá a construír a Europa dos pobos, que se visualiza na coalición electoral na que participa o BNG, coalición que representa a vontade de avanzar na igualdade, na xustiza e nos dereitos sociais desde unha visión plurinacional, plurilingüe e pluricultural.
Pola súa banda, a número un na lista do Bloque ás europeas, Ana Miranda, referiuse ao escano do BNG en Bruxelas como “o escano que defende os intereses de Galiza e que o fai libre, sen intermediarios”.