Aínda que sen unha data concreta, a Xunta prevé ampliar próximamente o aforamento no interior dos bares, cafeterías e restaurantes, actualmente limitado ao 30 ou 50% segundo as restricións medias ou medio-baixas dos concellos. Anunciouno o presidente da Xunta.
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta:
Dependerá de cando o decida o comité clínico e sempre será favorable que os establecementos hostaleiros conten cun medidor de CO2.
«Será o Comité Clínico, cada 13-14 días, o que, xunto co Sergas, decida como imos ir incorporando, no seu caso, o incremento de ocupación, e eu creo que os bares e cafeterías que teñen un medidor de CO2 teñen máis posibilidades de ver incrementada a súa ocupación».
Desde o fin do estado de alarma, os bares e cafeterías poden pechar ás 23.00 horas e os restaurantes (con medidores, cita previa de mesa e rexistro de clientes) ás 1.00 horas. Estes límites horarios anunciados pola Xunta, con todo, precisan o visto bo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.