Así o indicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para solicitar asistencia para o motorista, que estaba tendido no chan logo de que o animal derrubase a moto que circulaba.
Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como da Policía Local.
Antes da chegada dos equipos de emerxencias, o condutor dun turismo detivo a marcha para axudar ao motorista mentres o seu fillo chamaba ao 112 Galicia para explicar o que ocorría.