A mostra, organizada polo Concello e a Fundación, estará aberta ao público no espazo expositivo municipal da rúa do Paseo até o día 30 de xuño, e pode visitarse de martes a sábados, de 11.00 a 13.30 e de 18.30 a 21.30 horas, e os domingos de 11.00 a 13.30 horas.
No acto de inauguración interviñeron o tenente de alcalde do Concello de Ourense, Aníbal Pereira, a concelleira de Artes e Festexos, Noa Rouco, a directora de espazos expositivos, Eva Torres, a presidenta da Fundación Xaime Quesada Blanco, e nai do artista, María Jesús Blanco, e o vicepresidente, José Gómez Alén.