lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas xa loce a bandeira 'Sendeiro Azul'

Ponteareas xa loce a bandeira ‘Sendeiro Azul’

O delegado territorial visitou a zona e destacou o bo estado da Senda do Río Tea e animou a outros concellos a solicitar este distintivo para itinerarios que transcorren en plena natureza

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá a Senda do Río Tea, no concello de Ponteareas, que foi distinguida coa Bandeira Sendeiro Azul.


Trátase dunha distinción outorgada pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) co obxectivo de premiar a recuperación e posta en valor de percorridos e itinerarios naturais que axuden a conservar e potenciar a natureza.


De feito, cabe destacar que Galicia é unha das comunidades autónomas con máis bandeiras Sendeiro Azul, con 49 percorridos recoñecidos con esta bandeira de excelencia. Dentro de Galicia, sobresae a provincia de Pontevedra, que conta con 31 sendeiros na lista da ADEAC.


O delegado territorial destacou a importancia da colaboración entre as institucións para
“potenciar os múltiples recursos naturais que temos en Galicia e coidalos para que todos os veciños e visitantes poidan gozar deles”.


Reguera realizou un pequeno tramo desta senda e asegurou que o criterio de ADEAC “non
pode ser máis acertado”. Nesta liña, concluíu a visita “animando a que moitos máis concellos opten a esta distinción, que mellora aínda máis se cabe a excelente reputación de Galicia como un destino turístico ideal para os amantes da natureza”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS