O Festival organizado por a librería Aira das Letras e Sindicato Del Cómic coa colaboración do Concello de Allariz, comezará o venres 17 ás 17.00 horas na sala de exposicións A Fábrica, cunha sesión de conferencias e coa “Charla Ninja: guía de supervivencia para artistas freelance”, impartida por Alberto Guitián, membro da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración).
A xornada continuará cun faladoiro coa ilustradora coruñesa Bea Lema, autora de O Corpo de Cristo, banda deseñada gañadora do XII Premio Castelao cuxa edición en francés ven de recibir o pasado xaneiro o Premio do Público do Festival Internacional de Cómic de Angoulême.
Mercadiño de ilustración e autoedición
As actividades do sábado 18 estarán presididas pola celebración dun mercadiño de ilustración e autoedición na Praza do Matadoiro dende as 11.30 ata as 20.00 horas. O mercadiño reunirá a preto dunha trintena de propostas nas que se inclúen estudantes da Escola de Arte Antonio Faílde, profesionais da ilustración de a banda deseñada e proxectos editoriais de corte independente.
Como actividades complementarias ao longo da tarde terá lugar un obradoiro de ilustración para crianzas e unha actuación musical a cargo do dúo Perrito Piloto. A maiores celebraranse dous roteiros de Urban Sketch abertos ao público no que os interesados poderán visitar e debuxar algúns dos lugares máis emblemáticos de Allariz.
Allariz, punto de encontro de profesionais, estudantes e afeccionados da ilustración e a banda deseñada
Os días 17 e 18 de maio retorna á beira do Arnoia o Festival da Arte da Ilustración Allariz Debuxado