O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asinou hoxe dous convenios de colaboración co Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia e coa Asociación de Artesáns e Comerciantes Ourives de Compostela para a nova promoción de alumnado que cursará esta modalidade formativa que xa comezou a impartirse por primeira vez este curso.
Ofértanse 15 prazas e o alumnado beneficiario compaxinará a súa formación académica nesta Escola de Arte e Superior de Deseño coa práctica en distintas firmas de xoiería e ourivería colaboradoras a partir do 3º curso.