Ampliación horaria na hostalería de Galicia a partir do domingo, 9 de maio. Os bares poderán pechar ás 23.00 horas e os restaurantes ás 1.00 horas. Estes últimos deberán ter igualmente medidores de CO2 e traballar con rexistro de clientes e reserva de mesa.
O presidente da Xunta de Galicia:
As cafeterías e bares de Galicia poderán estar abertos ata as 23.00 horas desde este domingo. Os restaurantes pasan a pechar ás 1.00 horas, en lugar das 23.00 horas. Iso si deberán seguir cumprindo o requisito de ter licenza de restaurante, levar un rexistro dos clientes, traballar con reserva previa de mesas e contar con medidores de osíxeno para garantir unha boa ventilación.
A Xunta decretará prohibir os encontros en domicilios de persoas non conviventes entre as 1.00 e 6.00 horas da madrugada para evitar trasladar «os bares aos domicilios».
Ao finalizar o estado de alarma, a Xunta debe contar co visto bo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para aplicar esa restrición horario ao igual que para poder aplicar peches perimetrais nos concellos de incidencia máxima do virus, con máis de 500 casos por 100.000 habitantes.