Galicia detectou na última xornada 225 novos contaxiados de COVID-19, despois de moitas xornadas por debaixo dos 200 novos casos, elevando a 3.072 os casos activos. Estabilidade nos hospitais, con 48 infectados en UCI.
Galicia ten hoxe 3.072 casos activos de COVID-19, once máis que onte. A causa é o gran número de novos contaxiados descubertos na última xornada; un total de 225, polo que as altas non puideron evitar que a cifra total de contaxiados aumentase.
Por áreas sanitarias, Vigo segue estando á cabeza, aínda que baixou os seus positivos:
Vigo: 897 (-16)
A Coruña: 702 (+17)
Pontevedra: 488 (+15)
Santiago: 395 (+9)
Ourense: 271 (-8)
Lugo: 226 (-7)
Ferrol: 93 (+1)
Nos hospitais
En planta hai en Galicia 149 persoas ingresadas, tres menos ca onte, a cifra máis baixa dende o 11 de abril). Na UCI segue habendo 48 persoas con COVID ingresadas.
Na última xornada o Sergas notificou o deceso dunha muller de 93 anos por coronavirus, o que eleva as mortes pola pandemia en Galicia a pandemia a 2.392 persoas.