lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsSucesosO TSXG confirma os 20 anos de cárcere para o home que...

O TSXG confirma os 20 anos de cárcere para o home que asasinou a coiteladas a súa veciña nun edificio da rúa Zamora en Vigo

O alto tribunal rexeita o recurso de apelación interposto pola defensa do encausado.

Na sentenza recóllese que a vítima recibiu “unha coitelada por detrás» causándolle unha ferida na rexión dorsal media” tras a cal comezou a berrar para pedir auxilio e tentou defenderse. Seguidamente, o acusado apuñalouna «na rexión abdominal» e, na terceira coitelada, o autor dos feitos “foi perfectamente consciente de que esa manipulación do coitelo -quedando a folla no interior do corpo da vítima pola forza inflixida- era necesariamente dolorosa e inútil ao propósito de matar, por estar xa a súa veciña ferida de morte”.

No referente á imputabilidade ou semiimputabilidade do acusado, o alto tribunal indica que “a defensa deste alude a unha laguna amnésica, a fallos de memoria e ao seu trastorno mental”, entre outros factores, “pero non sei fai unha aportación de argumentos que desdigan o concluído polo xurado sobre a base da pericial e da testifical valoradas, onde consta que o acusado presenta plenas facultades intelectivas e volitivas en relación aos feitos da causa». Así mesmo, as testemuñas -policías, veciños/as e profesionais sanitarios- non detectaron «unha conduta anormal»

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS