Cans proxectará o filme «As Neves» de Sonia Méndez, a preestrea de «Alumbramiento» de Pau Teixidor, a retrospectiva internacional do colectivo Société Acéphale e unha emotiva homenaxe a Kepa Junkera.
O Festival recupera a sección de animación, cunha colleita excepcional, e estreará nove curtas na sección de ficción.
Estréase tamén a sección «Cineherdanzas», que descubrirá por vez primeira o legado fílmico de Carlos Asorey, un esquecido cineasta galego dos anos 70.
Toda a información e programación na páxina web do festival: www.festivaldecans.gal