Entre a estación intermodal de Vigo e a terminal compostelá funcionarán seis servizos ao día, cunha duración aproximada dunha hora e media, e terán saída desde Vigo ás 04.30, 07.35 e 10.45 horas e do aeroporto cara a Vigo ás 08.45, 12.40 e 18.45 horas.
Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, lamenta que o Executivo central non ofrecese unha alternativa para a conexión dos viaxeiros coa cidade de Vigo na xuntanza que mantivo a semana pasada o alcalde de Vigo, Abel Caballero, co ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente.
A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.