miércoles, noviembre 27, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoMobilización de 700.000 euros para o Concello do Rosal

Mobilización de 700.000 euros para o Concello do Rosal

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, adiantou á alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, investimentos por valor deste importe neste concello por parte do goberno provincial ao abeiro de programas como o +Provincia ou Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

Nunha reunión de traballo mantida na mañá deste martes entre ambos os dirixentes no despacho presidencial do Pazo provincial, López e Fernández repasaron investimentos previstos pola Deputación, abordaron temas de interese mutuo para as dúas administracións e estudaron posibles vías de colaboración para atender as necesidades da veciñanza.

Escoitamos a ámbolos dous dirixentes:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS