sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsSucesosAbsolto de delitos contra a liberdade sexual sobre a súa agora exparella

Absolto de delitos contra a liberdade sexual sobre a súa agora exparella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolve a un home da comisión de delitos contra a liberdade sexual sobre a súa agora exparella, menor de idade no momento dos supostos feitos, coa que conviviu durante varios meses na localidade de Vilalba

A denunciante afirmou que «o acusado a obrigaba a mantener relacións sexuais con penetración vaxinal ou anal, empregando ben a forza física ou ben a presión psicolóxica».

Na súa resolución o tribunal baséase en que a denuncia «non reúne suficientemente as garantías exixibles para fundamentar a condena”, xa que a muller “incurriu en imprecisións diversas” durante a súa declaración, «non sendo compatible esta cos seus propios actos durante o tempo que durou a relación». Tamén se apoia no informe forense e no informe psicolóxico de credibilidade, no que as psicólogas indicaron que “aínda que o testemuño podía reputarse crible, había dúbidas importantes».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS