Galicia é a terceira comunidade do Estado con mais bandeiras azuis, por detrás da Comunidade Valenciana e Andalucía. A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) concedeulle a Galicia 125, o mesmo número que o ano pasado. Para as praias galegas son 114 as bandeiras azuis concedidas.
España é líder mundial en bandeiras azuis. Este verán ondearán estes distintivos en 638 areais de todo o estado (11 máis ca o ano pasado), 102 portos (5 máis) e 7 embarcacións (2 máis ca en 2023). Son 18 distintivos máis que en 2023.
A Comunidade Valenciana conta con 159 (6 máis ca o ano pasado), Andalucía ten 156 (8 máis) e Cataluña 118 (2 menos ca en 2023). En total, 12 comunidades autónomas españolas contan con este tipo de distintivos. Incorporouse este a no a Comunidade Foral de Navarra.
ADEAC fai unha mención especial aos sete municipios españois que conservan a bandeira azul nas súas praias desde hai 38 anos. Entre eles hai un galego, o concello coruñés de Oleiros, que conta con este distintivo no areal de Bastiagueiro desde que comezou a andar este programa en 1987.
ADEAC fai públicas as bandeiras: