viernes, noviembre 22, 2024
InicioPenínsula e mundoEspañaO Partido Popular arrasa nas eleccións en Madrid

O Partido Popular arrasa nas eleccións en Madrid

Isabel Díaz Ayuso arrasou nas eleccións da Comunidad de Madrid,e conqueriu 65 escanos, a só catro da maioría absoluta

A candidata do Partido Popular superou por si sola ao bloque de esquerda, con case o 100% de votos escrutado, polo que nin sequera necesita a Vox para gobernar, valeríalle coa súa abstención.
O PSOE, pola contra, obtivo o seu peor resultado histórico e foi superado por Máis Madrid, que se converteu na primeira forza da esquerda na comunidade. Podemos mellora lixeiramente os resultados de 2019, pero non conseguiu o seu obxectivo de sacar a Ayuso da Porta do Sol e Pablo Iglesias anunciou que abandona a política. Cidadáns, como prognosticaban as enquisas, pasou de gobernar en coalición co PP, a quedar fóra da Asemblea.
Os madrileños volveron ás urnas -esta vez coa pandemia de coronavirus de pano de fondo-, só dous anos despois da última vez, debido á convocatoria anticipada de eleccións por parte da presidenta Ayuso e fixérono cunha participación histórica, por encima do 76%.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS