Foron axentes da Policía autonómica quen procederon á detención desta persoa.
O achado produciuse no decurso da investigación dun incendio rexistrado o pasado mes nunha leira na parroquia de Bando e comprobouse que os danos e lesións que presentaban os animais non eran froito do lume senón da falta de atención.
O can vivo foi trasladado ao refuxio de animais de Bando para a súa hospitalización, na que requiriu múltiples coidados e tratamentos veterinarios. As investigacións permitiron comprobar o incumprimento da Lei de benestar animal e do Código Penal durante varios anos. Así, os animais estaban permanentemente engaiolados, sen acceso a alimento nin auga, en instalacións cunha evidente falta de limpeza e hixiene, e sen a atención nin a vixilancia axeitadas para velar pola súa saúde. Ademais, o can morto carecía do preceptivo microchip identificador.
O atestado foille remitido ao Xulgado de Instrución en funcións de garda de Santiago de Compostela.