lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsActualidadeGalicia marca en abril a cifra de desemprego máis baixa dende que...

Galicia marca en abril a cifra de desemprego máis baixa dende que se teñen rexistros

Galicia pechou o pasado mes cun dato histórico na cifra de persoas en situación de desemprego. Rexistrou 126.334 persoas en paro, o menor dato de toda a serie histórica (1996), é dicir, desde hai 28 anos.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, valorou os datos de paro rexistrado e de afiliacións á Seguridade Social, que se publicaron este luns, salientando a boa cifra, aínda que apelou á prudencia e a seguir traballando para mellorar o mercado laboral e axustar oferta e demanda.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS