domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasBaixo Miño“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con LeoLeiño

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con LeoLeiño

A actividade realizarase o vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos

Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha ducia de actividades en torno ao libro e a lectura na Biblioteca Municipal tudense ao longo do mes de maio, este martes 7 de maio ás 18:00 horas termos un novo espectáculo titulado “Maxia tola e lectora” que estará a cargo de “Leo Leiño”.


Personaxes de conto, astronautas, cápsulas do tempo, tormentas de ideas e ata o mesmo don Quixote ou Xulio Verne desfilarán pola Biblioteca Municipal tudense nunha sesión de maxia e escapismo. Os libros serán os grandes protagonistas deste espectáculo no que se procurará transmitir a maxia e o poder das historias que neles viven.


A Maga Leo Leiño é unha maga profesional con moita experiencia no sector. Desde pequena apaixonada coa maxia, ten experiencia como conta contos, meiga, malabarista e mesmo nalgunhas das súas actuacións toca a guitarra xa que pertenceu a un coro. O humor desta gran meiga e positivismo fan que nos seus espectáculos abonde a diversión.


Para a concelleira de ensino, cultura e xuventude, Sonsoles Vicente Solla, este novo espectáculo para os nenos e nenas a partir dos seis anos, forma parte da ampla oferta de actividades que para os diversos segmentos de idades se integran na programación de “Tui en letras 2024” para achegar o libro e a lectura a cidadanía tudense.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS