domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísO turismo galego medra un 12% no primeiro trimestre

O turismo galego medra un 12% no primeiro trimestre

O bo comportamento da demanda vén como consecuencia dos incrementos de febreiro, durante o Entroido, e de marzo, coa Semana Santa

O turismo galego continúa consolidando a súa desestacionalización, como demostran os resultados feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que indican que nos tres primeiros meses do ano, Galicia acadou máis de 822.000 viaxeiros aloxados e preto de 1,5 millóns de noites no conxunto do aloxamento turístico.

Isto supón que o nivel de demanda rexistrado -medido polo número de noites- supera nun 12% a cifra do primeiro trimestre de 2023, e mellora as cifras prepandemia. Ademais, por vez primeira Galicia supera a barreira de 1,4 millóns de noites neste primeiro trimestre.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS