O encontro entre o monarca e o presidente galego será o vindeiro martes, 7 de maio. Será o segundo que se produza entre ambos logo do producido en 2022 cando Rueda sustituira a Feijóo ante a súa marcha para dirixir o PP nacional.
Agora, tras a súa maioría absoluta do 18F, con 40 dos 75 escanos do Parlamento de Galicia, Rueda manterá un encontro con Filipe VI e urxirá tamén unha reunión co presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, para lembrarlle todos os compromisos con Galicia pendentes, en infraestruturas pero tamén noutros eidos.