Arrancou a xornada electoral na Comunidade de Madrid en 1.084 colexios electorais. Son comicios nun día laborable, como ocorrera en 1987. Recomendación para os maiores que acudan a votar pola mañá e os contaxiados de COVID a última hora.
Eleccións á Comunidade de Madrid nun día laborable e en pandemia. A recomendación é que as persoas maiores e os seus coidadores acodan preferentemente de 10.00 a 12.00 horas e as persoas con COVID ou sospeita de contaxio, entre as 19.00 e as 20.00 horas.
Mäis de 259.000 persoas solicitaron o voto por correo, un 40% máis que nos últimos comicios.
Están chamadas a votar máis de 5 millóns de persoass.
Os colexios pecharanse ás 20.30 horas.