viernes, noviembre 22, 2024
InicioConcellos +A CañizaO Concello de A Cañiza cambia os itinerarios do servizo de recollida...

O Concello de A Cañiza cambia os itinerarios do servizo de recollida de lixo tras a apertura da planta de Sogama en Arbo

Este 2 de maio entrou en funcionamento a nova planta de recollida de lixo de SOGAMA en Arbo na que depositarán os residuos sólidos os 4 concellos da comarca. Isto supón o peche da planta da Cañiza, feito que obriga ao Concello a readaptar os itinerarios nas parroquias para optimizar o servizo de recollida.

O Alcalde Luis Piña comunicou esta mañá que “se modifican os itinerarios do servizo de recollida de residuos na Cañiza que comezará ás 8.00 da mañá no casco urbano, para non interferir co tránsito de vehículos e rematará polas parroquias, cambiando o itinerario pero non a periodicidade da recollida”. Os sábados a recollida no casco urbano cambia tamén para a mañá.

A modificación dos itinerarios do Servizo de recollida de lixo está obrigada polo peche da planta de transferencia de SOGAMA da Cañiza que daba servizo aos 4 concellos da comarca e que a partires de xa abre en ARBO.

Por este motivo o Concello cambia tamén os horarios de apertura do Punto Limpo, considerando que o persoal municipal xa non terá que estar dispoñible durante toda a semana para abrir e pechar a instalación para os camións destes 4 Concellos (a planta de transferencia e vertido de SOGAMA e o punto limpo do Concello estaban no mesmo emprazamento).  Debido a este reaxuste e continuando coa liña de recorte de gasto para cumprir co Plan de Saneamento financeiro municipal, o Concello prescindirá nun futuro deste posto de traballo.

Polo tanto a partires de hoxe o punto limpo da Cañiza estará aberto únicamente os venres, en horario de 8:00h a 15:00h. Por outra banda, non varía o día nin o procedemento para que os veciños que non poidan desplazarse ata o punto limpo os residuos voluminosos, avisen ao Concello para que os retiren.

A recollida de voluminosos polas parroquias continuará activa o último xoves de cada mes, previo aviso dos interesados e do abono dunha taxa de 10€ para a retirada dos residuos. Este servizo é gratuito para os veciños que trasladen os residuos ata o punto limpo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS