O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, adiantou ao alcalde de Bueu, Félix Juncal, un apoio de 460.000 euros para a ampliación da rede de abastecemento e saneamento na zona de Bon de Abaixo e outra axuda de 80.000 euros para a pavimentación do camiño IVBE-111 en Beluso.
Nunha reunión marcada por un clima de cordialidade e vontade de entendemento, ambos os dous mandatarios repasaron asuntos de interese mutuo e outras proxectos de futuro no que ambas institucións poderían colaborar.
Escoita as declaracións de ámbolos dous mandatarios trala xuntanza: