Hoxe martes 30 de abril, tivo lugar no IES. Pedra da Auga o primeiro curso de incoación a comisarios técnicos de rallys, iniciativa impulsada polo propio centro e polo profesorado do Ciclo Medio de electromecánica, e colaborando estreitamente xunto a Escuderia Surco e o Concello de Ponteareas, a través da Consellaría de Deportes.
A finalidade deste curso é a de crear unha base co alumnado para a creación dunha bolsa de comisarios técnicos para o Rally Sur do Condado, e tamén para dar inicio a unha serie de proxectos que serviran para a potenciación deste deporte tanto a nivel local como autonómico.
O curso foi impartido por Ignacio Davila, presidente de MixRally Sports, e director de carreira, Bruno T. Rivera Pazos presidente da Escuderia Surco, Abelardo, Miguel, e Francisco, como parte do equipo técnico da Escuderia Surco.
A formación foi dividida en dúas partes: unha teórica, na que se explicaban aspectos técnicos e de seguridade dos pilotos e vehículos, e a segunda parte practica, na que se poñían en valor os coñecementos adquiridos na parte teórica.
Dende a Escuderia Surco aseguran «estar moi agradecidos pola acollida que tivo esta formación no IES Pedra da Auga, o profesorado e o alumnado do Ciclo de Formación de Grao Medio de electromecánica, a Jorge Ferreira, Federico Lorenzo, Eliot Gómez, Fran, por prestar os seus vehículos para dita formación, a Racing Sport, e a Recing Stage Service por prestarnos material para poder celebrar o curso, a Ignacio Davila polo gran traballo feito en impartir o curso e o Concello de Ponteareas polas facilidades que nos puxeron dende o inicio deste proxecto.