sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísUnha quincena de detidos por narcotráfico na ría de Arousa

Unha quincena de detidos por narcotráfico na ría de Arousa

A Garda Civil detivo este martes a unha quincena de persoas nunha operación antidroga que se desenvolve en Galicia e Madrid. As detención gardan relacion con varios delitos como tráfico de drogas, branqeo de capitais e organización criminal.

As detencións foron practicadas polo Equipo de Crime Organizado (ECO) da Garda Civil de Pontevedra, dependente da UCO (Unidade Central Operativa) e continúa aberta a operación.

Ata as 11.00 horas deste martes, foron detidas unha quincena de persoas e fixéronse rexistros en inmobles nas localidades de Vilagarcía, Vilanova de Arousa, Cambados e Arcade (Redondela), así como en Madrid.

Nos ao redor de 25 rexistros que se efectuaron ata agora atopáronse drogas de distintos tipos e cartos. O operativo lévase a cabo por unha investigaciónsobre distribución de droga en distintos puntos de España.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS