Un octoxenario perdeu a vida este mediodía en Tomiño ao colisionar frontalmente co seu coche sen carné contra un camión formigoneira.
O conductor do camión saiu ileso do accidente. O sinistro tivo lugar na PO-344, á altura do quilómetro 1 sobre as 12:30 horas. Foron varias persoas as que contactaron co 112 Galicia co fin de alertar do suceso a Urxencias Sanitrias de Galicia-061, que, a pesar dos esforzos, non puideron facer nada por salvarlle a vida ao home que conducía o coche sen carné.
Según o 112, foi necesario que os Bombeiros do Baixo Miño empregaran o material de excarcelación para liberar á persoa falecida ao quedar atrapada no interior do vehículo. A víctima, un veciño da parroquia tomiñesa de Barrantes, faleceu no acto.
Amáis, o 112 tamén puxo en coñecemento ao GES da Guarda, a Garda Civil de Tráfico, Polícia Local, Protección Civil e servizo de mantemento da estrada.