O Subcomité Clínico vén de aumentar as restricións no concello de Gondomar: só se pode consumir na hostalería nas terrazas ao 50%.
Na reunión deste venres, o Subcomité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na pandemia vén de establecer novas medidas para facer fronte á COVID-19. Entre elas, no concello de Gondomar rexerás as medidas do nivel alto a partir do luns 3 de maio. Isto implica que os hostaleiros e as hostaleiras só poden atender nas terrazas e só ao 50%. Gondomar, que presenta unha incidencia que supera os 125 contaxios por 100.000 habitantes, segundo a última actualización do SERGAS, é o único concello da bisbarra que aumenta de nivel.
Xunto a Gondomar tamén rexerán as medidas do nivel alto en Salceda de Caselas. No caso do concello da Louriña, será a partir desta medianoite tal e como o decidiu o Comité Clínico na xuntanza deste martes.
Ponteareas, que dende o 23 de abril sitúase, igualmente, no nivel alto continuará tamén coas mesmas limitacións posto que o Subcomité Clínico decidiu mantelo, cando menos, ata vindeira reunión.
Pola súa banda, Nigrán, O Porriño, Tui e Vigo seguen no nivel medio de restricións así que a hostalería continúa co aforamento do 30% no interior dos locais e do 50% nas terrazas.
A mobilidade está permitida entre todos os concellos de Galicia agás nos que rexen as máximas restricións que son,Vilanova de Arousa, Cualedro e Laza.