domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísGalicia vacinará ao grupo de 65 a 69 anos a vindeira semana

Galicia vacinará ao grupo de 65 a 69 anos a vindeira semana

Galicia ten a previsión de comezar vacinar as galegas e galegos de entre 65 e 69 anos a vindeira semana. O obxectivo é inocular con 240.000 doses a próxima semana pero o ritmo dependerá das vacinas que reciba a comunidade.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo:

Feijóo avanza que o ritmo de vacinación irá aumentando. «Se o número de vacinas finalmente chega, o obxectivo é administrar 240.000 doses a próxima semana. O ritmo estase acelerando e imos albiscando máis optimismo».

Todo dependerá de que non ocorra o mesmo que esta semana, e Galicia reciba as vacinas previstas. Esta semana a comunidade contaba con recibir 14.000 vacinas de Janssen pero só chegaron a metade.

Das 180.000 vacinas que Galicia tiña previsto inxectar esta semana, o Sergas porá 170.000 sumando todas as marcas.

Entre o venres e o domingo inxectaranse 81.000 segundas doses de Pfizer e 30.000 segundas doses de Moderna ao longo destes días.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS