As contratacións supuxeron unha inversión de 292.000 euros, dos cales 211.000 foron a cargo do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra e 81.000 euros de aportación municipal
O Concello do Porriño incorporou hoxe a 17 traballadoras/es que reforzarán equipos en diferentes servizos municipais.
O Departamento de Vías e Obras conta desde hoxe con cinco incorporacións: un oficial
1ª de carpintería, un oficial 1ª de soldadura, un oficial 1ª de albanelería e dous peóns
de obra pública. Pola súa banda, o Departamento de parques, xardíns e limpeza conta
con seis novos peóns forestais. E para departamentos e instalacións municipais contase con tres conserxes, unha publicista e un analista de xestión e organización ou estatística.
Todas estas contratacións supuxeron unha inversión de 292.000 euros, dos cales 211.000 foron a cargo do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra e 81.000 euros de aportación municipal.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas,
déronlle hoxe a benvida ao seu novo posto de traballo.
Ambos representantes municipais destacaron a oportunidade que esta incorporacións supoñen para activar o emprego e tamén para poder dar un mellor servizo á veciñanza. “O voso traballo é moi necesario e estamos encantados de que formedes parte do noso equipo”.