viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeO Concello de Tui da comezo ao 'Mes das Letras'

O Concello de Tui da comezo ao ‘Mes das Letras’

“A casa dos libros orfos” na Praza da Inmaculada abre esta programación

Doce actividades conforman a programación do “Mes das Letras” promovida polo Concello de Tui, a través da concellería de Cultura. Até o 8 de xuño desenvolverase unha ampla oferta de actividades arredor do libro, da lectura e as Letras Galegas.


Hoxe 23 de abril, Día do Libro, comeza a programación coa apertura na Praza da Inmaculada da “Casa dos libros orfos”, unha iniciativa da Biblioteca Municipal tudense. No antigo quiosco desta céntrica praza a Biblioteca tudense ten depositado un amplo conxunto de libros repetidos ou descatalogados que pon ao dispor da cidadanía que pode collelos en
calquera momento para gozar dun rato de lectura na propia Praza da Inmaculada ou levalo á casa, e mesmo quedarse con el coa única condición de deixar outro no seu lugar. Nesta “Casa dos libros orfos” tamén teñen cabida os libros que xa non interesan nos andeis domésticos, coa condición que no sexan enciclopedias ou libros obsoletos.


Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, salienta que «esta proposta trata de
achegar os libros á veciñanza, dándolle unha nova oportunidade aos libros repetidos de converterse nunha oportunidade de lecer, de coñecemento ou enriquecemento persoal». A concelleira convida á veciñanza a achegarse a esta “Casa dos libros orfos” cunha chamada a manter o orde nos andeis deste quiosco e a non estragar as obras alí depositadas.

Este programa de actividades continuará este venres, 26 de abril, ás 20 h coa presentación do libro “Querida Arcea” de Felín Romero, que organiza a Librería Nobel, na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui.


Nas próximas semanas haberá contacontos, exposicións, unha conferencia sobre Luisa Villalta, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, e un roteiro literario.
A principal cita deste “Mes das Letras” será de novo a celebración da Feira do Libro galego, o venres 17 de maio, que chega neste ano á súa XXV edición.


A programación completa do Mes das Letras é a seguinte:

Martes 23 abril: Día do Libro
Inauguración: “Casa dos libros orfos” no Kiosko da Praza da Inmaculada


Venres 26 de abril
Presentación do libro de Felín Romero: “Querida Arcea”
Sala Municipal de Exposicións – 20.00 horas


Martes 30 abril
“Contacontos para bebés” con Pablo Díaz
Biblioteca Municipal – 18.00 horas


Luns 6 de maio – 8 de xuño
Exposición: “Brontë, Shakespeare y otros frikis: clásicos que has leído sin saber que eran fantásticos” de Pórtico: Asociación Española de Fantasía,
Ciencia Ficción y Terror
Anexo Sala Municipal de Exposicións


Martes 7 maio
Contacontos “Leo leiño”
Biblioteca Municipal – 18.00 h.

Martes 14 de maio

Conferencia “Luisa Villalta, devir comunidade” por Marga do Val
Biblioteca Municipal – 19.00 horas


Venres 17 de maio
XXV Feira do libro galego

  • Stands de Libraría Iris e Nobel
  • Pregón por Alfonso Ferreira ás 12.00 horas
  • Dúas actuacións maña e tarde
    o Magín Blanco con Caderno de cores e cancións ás 12,30 horas
    o Picadiscos con MariFaltri ás 18,30 horas
  • Exposición de bibliografía tudense en Oficina Turismo
  • Encontro con autores locais

Martes 21 de maio
Contacontos “Extra!” con Paco Nogueiras para nenos e nenas de 5-10 anos
Biblioteca Municipal – 18.30 horas


Xoves 23 de maio – 1 xuño
Exposición dos obradoiros de Asociación de Amas de Casa e Usuarios
Sala Municipal de Exposicións


Sábado 8 de xuño:
Roteiro literario pola ribeira do Miño.
Inicio na Ponte Internacional – 10.30 horas

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS