lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsActualidadeMos desenvolve un proxecto senlleiro para a posta en valor da Aldea...

Mos desenvolve un proxecto senlleiro para a posta en valor da Aldea Alfacuca

Forma parte do programa CoidaMOS da concellería de Medio Ambiente mosense

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente mosense, Laura
Méndez, informaron hoxe de que o Concello ten rematada a redacción dun proxecto de posta en valor da Aldea Alfacuca en Louredo, que forma parte do plan municipal CoidaMOS e será levado a cabo co apoio autonómico da Consellería do Medio Rural, concretamente no marco do Programa de Proxectos Senlleiros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.


O obxecto deste proxecto é o de acondicionamento dun espazo público como é Alfacuca para uso formativo e de lecer de cara á promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da zona. Para elo asinarase un convenio entre a administración local mosense e
AGADER.


Segundo explicaron as representantes municipais Arévalo e Méndez Senlle, os obxectivos
desta iniciativa son “a preservación dos valores sociais e culturais do medio rural, a potenciación de elementos que recuperen ou manteñan a historia e a memoria da comarca, a mellora da relación social dos veciños, a revalorización de infraestruturas e inmobles
desaproveitados, e o fortalecemento do orgullo e satisfacción de pertenza á comunidade rural beneficiaria do proxecto”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS