domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasAberto o prazo para solicitar axudas á rehabilitación de vivendas en Torneiros

Aberto o prazo para solicitar axudas á rehabilitación de vivendas en Torneiros

Os propietarios de vivendas no entorno residencial de rehabilitación programado de Torneiros xa ponden solicitar as axudas para impulsar obras de mellora da eficiencia enerxética, para o que o Concello do Porriño recibiu unha subvecinción dun millón de euros. O prazo para requerilas finalizará o 31 de xaneiro de 2026.

Dentro do ámbito delimitado do proxecto, que comprende 945 vivendas en 81 edificios, programouse inicialmente a rehabilitación dun número estimado de 105 vivendas que ocupan 1,38 hectáreas, repartidas en diferentes bloques.

 Deste millón de euros, preto de 130.000 destinaranse á urbanización e mellora da contorna, que se complementa con outras actuacións que o Concello está a levar a cabo para humanizar a zona, como o acondicionamento de beirarrúas ou a renovación do alumeado público. No marco desta actuación instalaranse 156 lámpadas leds, cunha inversión total de preto de 75.000 euros.

A parte restante será para axudas a particulares e/ou comunidades de propietarios destinadas á mellora de fachadas, mellora de cubertas, incluíndo aquí a eliminación de amianto, e o relevo de xanelas e vidros exteriores, empregando carpintería de pvc e vidro eficiente térmicamente, todo isto co obxectivo de conseguir un aforro enerxético mínimo do 30%.

O importe das subvencións a particulares dependerá do grao de eficiencia enerxética que se alcance coas obras executadas, que pode ser do 40%, do 65% ou do 80% do orzamento, incluso do 100% cando se identifique un caso de vulnerabilidade económica.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS