domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasO Corpus Christi de Ponteareas xa é Ben de Interese Cultural

O Corpus Christi de Ponteareas xa é Ben de Interese Cultural

O Corpus Christi de Ponteareas xa é Ben de Interese Cultural. Así o aprobou hoxe o Consello da Xunta, que deu luz verde ao decreto polo que se declara BIC, na categoría do patrimonio inmaterial, a festa máis importante de Ponteareas.

O recoñecemento chega tras os informes favorables do Museo do Pobo Galego, a Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega, culminando así un proceso no que non se rexistraron alegacións.

O decreto valora tanto a festividade como os rituais, cerimonias e técnicas artesanais tradicionais asociadas a ela. En concreto, a documentación conclúe que o Corpus Christi constitúe un ritual festivo recoñecido polo seu uso social e cerimonial cunha alta pegada de coñecementos populares sobre a natureza, os elementos naturais e os ciclos do campo. Valórase a confección dun conxunto artístico dotado de variadas representacións e símbolos, cunha significación cultural que vai máis alá do ámbito relixioso para vincularse coa cultura popular.

A máxima protección desta festa débese, tamén, ao elevado coñecemento e desenvolvemento de técnicas artesanais tradicionais. Exactamente, menciónase o proceso de creación do conxunto ornamental, alfombras florais, cruceiros vexetais ou altares que conforman todo un conxunto de arquitecturas efémeras.

A declaración BIC do patrimonio inmaterial susténtase, ademais, en todo o conxunto de actos que se desenvolven ao redor do Corpus Christi.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS