viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasMos inicia a licitación do proxecto da Escola Infantil do Rebullón cuxa...

Mos inicia a licitación do proxecto da Escola Infantil do Rebullón cuxa construción comezará en verán

O novo centro da Rede A Galiña Azul e integrado no Macro Proxecto Sociosanitario do Rebullón constará de 82 prazas de 0 a 3 anos e instalarase nunha parcela de 5.031,29 metros cadrados de superficie

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou hoxe de que a administración local mosense vén de iniciar o expediente de contratación do proxecto da nova Escola Infantil do Macro Proxecto Sociosanitario do Rebullón que ademáis do centro educativo inclúe Centro de Saúde, Centro de Coidados Intermedios, e Residencia de Maiores.


Unha vez realizado o proxecto, prevese que as obras se inicien este vindeiro verán. Tal e como anunciaba Arévalo, rexedora local mosense. A alcaldesa apuntou tamén que a nova Escola Infantil do Rebullón, edificarase nunha parcela de 5.031,29 metros cadrados de superficie e estará dotada de 82 prazas.


Tratarase dun edificio modular cun orzamento total que ascende a 1.250.000 euros, para o cal o Concello de Mos xa conta con apoio económico de financiación por parte da Xunta de
Galicia de 707.198,70 euros a través de convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Política Social e a administración local.


Esta Escola Infantil modular execurarase en dúas fases. A primeira fase, que será a que
comece este verán, cubrirá o 50% da capacidade das aulas, isto é, construiranse as zonas
comúns e 3 aulas para 41 prazas. A segunda fase levarase a cabo o vindeiro ano 2025 e nela acometeranse as 3 aulas restantes para as outras 41 prazas.


Este macroproxecto sociosanitario será pioneiro en España ao incluír Escola Infantil. Para o
recinto do Rebullón tamén está prevista unha residencia de maiores de 150 plazas, un novo
Centro de Saúde que sustituirá ao actual e que incrementará nun 44% a súa superficie, e un Centro de Coidados Intermedios de 60 prazas.


A este respecto Nidia Arévalo declaraba que “co proxecto do Centro de Coidados Intermedios en licitación pola Xunta de Galicia, e o inicio do expediente de contratación do proxecto da Escola Infantil por parte do Concello, damos o ‘pistoletazo de saída’ para o novo Rebullón. A partir deste verán comezaremos a transformalo nun centro sociosanitario de referencia no país”. “É outro soño que se fará realidade para Mos. Un logro histórico ademais, ao recuperar este edificio emblemático na provincia para dar servizos tan necesarios e demandados en Mos e comarca, polo que lle dou as gracias á Xunta de Galicia polos compromisos con Mos cumpridos”, finalizou Arévalo.


Cómpre lembrar que o Concello de Mos xa inclúe no orzamento municipal desde 2023, partida para o novo macroproxecto sociosanitario do Rebullón.

Datos sobre o Centro de Coidados Intermedios


O novo Centro de coidados intermedios no antiguo Hospital do Rebullón estará dirixido á
atención de persoas que, tras unha estancia hospitalaria, requiren atención residencial específica de xeito temporal. Coidados tales coma a rehabilitación da autonomía das persoas tras un proceso de hospitalización agudo; para evitar as largas hospitalizacións innecesarias; e maximizar a independencia das persoas que, polo xeral, permitiralles volver vivir na súa contorna habitual.


Constará de 3 andares para o desenvolvemento do programa funcional cunha superficie de aproximadamente uns 3.600 m². A distribución espacial do Centro de Coidados Intermedios contemplará espazos suficientes para albergar tanto aos residentes ingresados no mesmo como aos profesionais que nel desenvolvan o seu traballo. Neste senso, teranse en consideración unha serie de zonas ou áreas claramente diferenciadas e independentes entre si: área de espazos comúns, área de servizos xerais, área de coidados sanitarios e área residencial dunhas 60 prazas.


Coordinadamente coa proposta do Centro de Coidados Intermedios, as actuacións previstas no antigo hospital contemplan a reserva dun espazo ou área de movemento que conecte co novo centro de saúde que estará baixo a titularidade do SERGAS. O novo elemento arquitectónico destinado a centro de saúde integrarase estética e volumetricamente co novo edificio do Centro de Coidados Intermedios, de xeito que o resultado final do conxunto edificado sexa harmonioso e coherente entre ambos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS