viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeA Biblioteca Municipal de Mos María Magdalena inaugúrase cunha ampla representación da...

A Biblioteca Municipal de Mos María Magdalena inaugúrase cunha ampla representación da gran familia da poeta da Louriña falecida en 2021

O novo conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, José López Campos, asistiu ao que foi un acto tremendamente emotivo e familiar

A Biblioteca Municipal de Mos, María Magdalena, inaugurouse tras de ser obxecto dunha reforma integral que marca un antes e un despois para este edificio, pois supuxo un cambio
radical no mesmo.

Ao acto inaugural asistiron José López Campos, Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, Jorge Cubela, Deputado de Cultura da Deputación de
Pontevedra, a Concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, demais membros do goberno e corporación municipal, unha ampla representación da gran familia de María Magdalena, á que deu voz coa súa intervención a súa bisneta Raquel Jorge Blanco, e alumnado dos colexios e o IES de Mos, que deron lectura aos poemas de María Magdalena.


Na súa intervención Nidia Arévalo, rexedora local mosense, fixo unha mención e alusión
especial á familia de María Magdalena, aos seus 5 fillos/as, 12 netos/as, 15 bisnetos/as e 3
tataranetos. Arévalo declarou que “hoxe é un día moi especial e emotivo para min porque María Magdalena foi un referente para min desde a miña infancia. Teño lembranzas dela
desde que eu tiña 10 anos e somos veciñas da mesma parroquia. Dende sempre foi
unha muller á que admirei, forte, traballadora e loitadora; e cun gran amor por Mos. Era unha muller todoterreo, incansable”.

A importante reforma integral experimentada pola Biblioteca Municipal foi posible grazas a
sendas subvencións da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra. A obra contou con
proxecto da arquiteca mosense, con diversos premios de arquitectura, Estefanía Grandal.


A casa das letras mosense leva o nome da principal representante das letras de Mos, sendo
María Magdalena, gran poeta da Louriña que falecía o 18 de agosto de 2021 aos 99 anos de
idade, unha muller de gran valía cultural e persoal.


مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS