Galicia acadou a cifra de positivos máis alta dos últimos 10 días. Ten 3.122 infectados arestora, tras subir todas as áreas, agás a coruñesa. Tamén soben os ingresos por coronavirus: 214 hospitalizados; 167 en planta e 47 en UCI.
Os positivos non paran de medrar en Galicia e a curva dos contaxios xa comeza a pasar de estable a ascendente. Galicia ten hoxe 74 infectados máis de coronavirus, con 3.122 contaxiados.
Por áreas sanitarias, a viguesa segue á cabeza:
Vigo: 934 (+28)
A Coruña: 743 (-7)
Pontevedra: 499 (+21)
Santiago: 358 (+11)
Ourense: 264 (+10)
Lugo: 219 (+4)
Ferrol: 105 (+7)
Empeoramento nos hospitais galegos con 214 persoas ingresadas por mor da covid-19 no país: 167 en planta (+4) e 47 nas UCI (+3).
Galicia non rexistraba tantos ingresados en coidados intensivos desde o 22 de marzo.
As mortes tamén seguen aumentando, aínda que en menor medida pola vacinación das persoas maiores. O Sergas notificou o deceso dun home de 81 anos, o que eleva a cifra total de vítimas da pandemia no país a 2.386.