A longametraxe “Alumbramiento”, do director Pau Teixidor, é a película elixida para a sesión de apertura da XXI edición do Festival de Cans, que este ano celébrase entre o 21 e o 25 de maio. A actriz galega María Vázquez, que recibirá o Premio Pedigree de Honor de Cans nesta edición, é unha das protagonistas do filme que baséase en feitos reais e aborda o tema dos bebés roubados na España de principios dos anos 80.
A proxección da película terá lugar no serán do xoves 23 de maio no Centro Recreativo e Cultural (CRC) do Porriño, unha data na que tamén poderá verse o filme “O Corno”, gañador da Concha de Oro en San Sebastián e que contará coa presenza en Cans da súa directora Jaione Camborda e da actriz porriñesa Janet Novás, que foi galardoada co Goya á mellor actriz revelación polo seu traballo nesta cinta.
“Alumbramiento” é unha película que narra a historia dunha adolescente, Lucía, que é enviada a un centro relixioso de mulleres novas embarazadas, onde establece vínculos moi fortes coas súas compañeiras e descubre que lle queren arrebatar ao fillo que está a punto de nacer. Esta demoledora historia é inspirada por feitos reais acontecidos en diversos lugares de España a finais dos anos setenta e principios dos 80. María Vázquez interpreta a Marisa, a nai da protagonista, Lucía, que decide levar á súa filla a o centro Peñagrande de Madrid cando ela queda embarazada.