O mercado do sábado celebrarase o venres 30 de abril por mor do festivo.
A concellería de Promoción Económica de Ponteareas, que dirixe Eva Gil, informa que, por mor da festividade do Día Internacional da Clase Traballadora que se conmemora o vindeiro día 1 de maio, o mercado do sábado celebrarase extraordinariamente o venres, día 30 de abril.
Do mesmo xeito, dende o Concello informan que as instalacións do Mercado Municipal permanecerán pechadas o sábado día 1.