viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeMáis de 650 escolares asisten este venres ao XV Tui Le no...

Máis de 650 escolares asisten este venres ao XV Tui Le no Teatro Municipal

Trátase dunha xornada de animación á lectura organizada pola Biblioteca Municipal e as bibliotecas escolares

Este venres, 19 de abril, celébrase, no Teatro Municipal de Tui, a décimo quinta edición de “Tui Le”, unha iniciativa promovida pola Biblioteca Pública Municipal de Tui xunto coas bibliotecas escolares dos centros educativos de Tui. Trátase dunha xornada de actividades
arredor do libro e a lectura que se celebra anualmente.

Nas actividades programadas participarán máis de 650 alumnos e alumnas do IES San Paio, IES “Indalecio Pérez Tizón”, CEIP nº 1,CEIP nº 2, CEIP de Pazos de Reis, CEIP de Guillarei, CEIP de Rebordáns, CEIP de Randufe, CRA “Mestra Clara Torres”, Colexio Santa María – Maristas e Seminario Menor “San Paio”. Dado o volume de participantes e a diversidade de idades haberá dúas quendas, unha para Educación Infantil e primeiros cursos de Primaria e outra para os últimos niveis de Primaria e os cursos de Secundaria.


Cada centro participante presentará un póster, elaborado polo alumnado, centrado este ano na figura de a quen está dedicado este ano o “Día das Letras Galegas”. Moitos dos alumnos participantes realizarán tamén no decurso da actividade intercambio de libros usados.


Este ano o encontro contará con dúas quendas de actividade. Ás 10 h para o alumnado máis pequeno contarase co espectáculo “Cores, contos e rock coa Ramona pequena» de Pakolas e Laura Romero. Un espectáculo onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público.

Posteriormente dende ás 11,30 asistiremos a diversas actuacións a cargo do alumnado do IES San Paio e do IES Indalecio Perez Tizón, do CEIP de Pazos de Reis, do Seminario Menor e do Colexio Maristas que realizaran diversas declamacións, pezas musicais e teatralizacións relacionadas co mundo das letras e da lectura.


A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, sinala que «con esta nova edición de “Tui Le” o Concello segue apostando polo seu traballo a prol do libro e a lectura dende o convencemento que é unha ferramenta básica para o desenvolvemento persoal e social». Ademais «congratúlase por esta iniciativa singular de cooperación entre as bibliotecas escolares e a Biblioteca Municipal consolidada nestes quince anos de colaboración arredor da animación e promoción da lectura».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS