sábado, noviembre 23, 2024
InicioA terraA nosa culturaA Festa da Filloa de Lestedo, de Interese Turístico Nacional

A Festa da Filloa de Lestedo, de Interese Turístico Nacional

A Festa da Filloa de Lestedo (A Coruña) foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional, a novena xa de Galicia, por poñer en valor un produto gastronómico con gran arraigamento que se combina con propostas culturais como o Entroido Singular dos Xenerais do Ulla.

A Secretaría de Estado de Turismo destacou a importancia desta festa pola súa capacidade de contribuír á diversificación e descentralización do turismo, o que redunda en beneficios para o territorio e os seus residentes.

A Festa da Filloa de Lestedo naceu froito do interese de veciñas e veciños desta parroquia por poñer en valor un produto gastronómico tradicional da súa zona. Organizada desde 2015 pola Asociación Cultural da Filloa de Lesteso, esta festa popular cumpriu este ano o seu 40º aniversario. Desde 2008, a Festa da Filloa de Lestedo tamén é Festa de Interese Turístico Rexional.

Coa declaración da Festa daFilloa de Lestedo, ascenden a 157 o número de Festas de Interese Turístico Nacional coas que conta España, 9 delas en Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS