viernes, noviembre 22, 2024
InicioConcellos +CrecenteO alcalde de Crecente: "Os tres incendios están controlados"

O alcalde de Crecente: «Os tres incendios están controlados»

«O ano pasado xa sufriu Crecente o primeiro incendio de Galicia e nas mesmas zonas, e este ano igual pero foi aínda máis extenso e máis perigoso polo vento» lembra o rexedor.

O alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo Pérez, informou hoxe que ás 11.00 horas a Consellería de Medio Rural deu por controlados os tres lumes que comezaban neste municipio este lunes ao redor das 19.57 horas.

O rexedor puntualiza que son tres incendios e non tres focos xa que a súa magnitude foi de importante consideración e en parroquias distintas: Sendelle, Angudes e Rebordechán.

O maior risco para as vivendas viviuse este luns sobre as 23.00 horas no barrio de A Granxa, na parroquia de O Freixo, onde o lume envolveu envoulveu zonas poboadas.

A Xunta mobilizou para o control do incendio once axentes, quince brigadas, cinco motos, dous avións e dous helicópteros.

ENTREVISTA O ALCALDE DE CRECENTE:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS