viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsConcellos +Raúl Clyde, cabeza de cartel do III Festival Camiño da Rosa de...

Raúl Clyde, cabeza de cartel do III Festival Camiño da Rosa de Mos

Será a primeira data en concerto en Galicia deste cantante ao que xa se apunta
como o novo Quevedo

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto con Cristina Pichel, Directora Xeral de
Xuventude, Participación e Voluntariado da consellería de Política Social e
Xuventude da Xunta de Galicia, Julia Loureiro, concelleira de Mocidade e
Participación Cidadá, André Vázquez, productor do evento, e os DJs locais Samu
Pexe e Fergwell presentaron a III edición do Festival Camiño da Rosa que se
celebrará por terceiro ano consecutivo no Pazo de Mos. Será o vindeiro 30 de
abril, víspera do festivo do 1 de maio.

A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, explicou durante a presentación que o
obxectivo desta iniciativa é “satisfacer a crecente demanda do público mozo de
experiencias musicais de calidade”. “Os asistentes” continuou, “vivirán unha
experiencia única baseada na proposta de ocio responsable que xa é sinal de
identidade mosense entre a mocidade pois trátase dun evento musical con
continuidade ao longo dos anos, xa van 3, grazas ao apoio incondicional da
Xunta de Galicia”.


Trátase dun festival totalmente gratuíto para o público asistente, un espazo
seguro, con diversión baseada na diversidade e respecto polo medio ambiente.
“Logramos unha gran afluencia en edicións previas que esperamos manter e
incluso superar”, apuntou Arévalo.

Raúl Clyde cabeza de cartel
O cartel do III Camiño da Rosa está encabezado por Raúl Clyde, un dos cantantes máis de moda do momento. Pretendido por todas as salas e festivais. Trátase dun caso similar aos de Quevedo ou Saiko. Esta será a súa primeira data en Galicia, polo que «Mos, de novo, marca a diferencia» asegurou a rexedora local.

O resto de artistas que completarán o cartel son:
 ARNNY MONTANA
 GROOVE AMIGOS
 DUMORE
 SAMU PEXE
 CARLOS GONZÁLEZ
 FER GWELL

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS