viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsConcellos +Preto de 3.000 persoas sumerxíronse no sector educativo e formativo durante os...

Preto de 3.000 persoas sumerxíronse no sector educativo e formativo durante os 2 últimos días en Mos

A localidade mosense foi escaparate para os centros de educación e ventá á ampla oferta
existente tanto para o alumnado como para as súas familias


Hoxe clausurouse a terceira edición da Feira de Educación e Formación FormaMOS do Concello de Mos que desde onte desenvólvese no Pavillón Óscar Pereiro. Fíxoo cunha convidada de luxo, a atleta paralímpica e ex ximnasta acróbata, Desirée Vila, que estivo acompañada da alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, de Rodrigo Salgado Pombo, director do Colexio Lar, Julia Loureiro, concelleira Educación, Jesús M. Álvarez Bértolo, Director Xeral de Centros, Rossana López Salgueiro, Directora Xeral da Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo, Judith Fernández Novoa, Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e César Pérez Ares, Xefe Territorial de Educación de Pontevedra.


Na súa intervención Arévalo, rexedora local mosense destacou “a gran intervención e lección de vida que nos acaba de dar a atleta Desirée Vila, todo un exemplo de superación debido á súa historia persoal”. E respecto desta nova edición de FormaMOS salientou “a progresión ascendente da feira, xa vamos pola 3ª edición e cada ano supérase. Augúrolle un longo camiño por diante e o ano que vén teremos máis FormaMOS e mellor, pois xa somos un vento referente na provincia”. Así mesmo puxo en valor a importancia da iniciativa, “pois serve de orientación da nosa rapazada (o noso futuro) cara a mellor opción formativa en cada caso, pon no foco ao noso sector educativo mosense e o de toda a comunidade autónoma, visibiliza as fortalezas da nosa comunidade educativa, axúdanos a aunar sinerxias entre colectivos: administracións e institucións / centros educativos / alumnado / profesorado / familias… Porque entre todos sumamos esforzos para a mellor educación e formación dos nosos mozos e mozas que son o noso futuro” declarou Nidia Arévalo.


Nesta III Edición da Feira FormaMOS participaron máis de 80 expositores e preto de 3.000
asistentes. A superficie adicada á feira ascendeu a 2000m2 nos que se instalaron expositores de Universidades, centros de Formación Profesional, centros de especialidades, academias de idiomas, corpos e forzas de seguridade e protección cidadá e agrupacións de voluntariado.

Incremento do 60% de visitantes
Asistiron alumnos de 9 localidades: Mos, Vigo, Porriño, Salceda, Nigrán, Redondela, Pazos, As Neves, e a Illa de Arousa. E houbo un incremento respecto ao ano pasado dun 25% máis de expositores e dun 60% máis en afluencia de visitantes.

Convidadas especiais de luxo
Destacan dúas convidadas especiais nesta terceira edición, como son Elsa Punset e Desirée
Vila. Onte estivo na feira Elsa Punset, escritora e divulgadora, referencia no ámbito da
aplicación da intelixencia emocional e filla do falecido divulgador científico Eduardo Punset. E hoxe foi o turno de Desirée Vila, atleta paralímpica e ex- ximnasta acróbata, todo un exemplo de superación debido á súa historia persoal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS