viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsSucesosLiberadas 23 vítimas de explotación sexual, unha delas en Lugo

Liberadas 23 vítimas de explotación sexual, unha delas en Lugo

Eran enganadas con falsas promesas dun traballo en salóns de beleza e logo eran explotadas sexualmente. Agora están liberadas.

A Policía Nacional liberounas en seis provincias -entre elas, Lugo-, e detivo oito persoas acusadas de delitos de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, relativos á prostitución e contra os dereitos dos traballadores, entre outros.

Encadrada no Plan da Policía Nacional contra a Trata de Seres humanos, a operación puxo ao descuberto unha rede criminal que presuntamente se lucraba coa explotación sexual das súas vítimas, unha delas con discapacidade intelectual, despois de que as enganasen dicindo que terían outro tipo de traballo ou baixo condicións moi diferentes, segundo remitiu o corpo nun comunicado.

A investigación culminou coa liberación de 23 vítimas de explotación sexual nas cidades de Úbeda (Xaén), Alacante, Guadalaxara, Alcalá de Henares (Madrid), Lugo e Cidade Real. Por outra banda, detiveron oito persoas nas localidades de Úbeda (2), Alcoi (2), Guadalaxara (2), Lugo (1) e Ciudad Real (1), que suman tamén as acusacións de branqueo de capitais, contra a saúde pública e pertenza a organización criminal, amais dos de tráfico de seres humanos con fins de explotación sexual, relativos á prostitución e contra os dereitos dos traballadores.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS