sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasA Xunta construirá unha nova senda peonil na PO-407, en Budiño

A Xunta construirá unha nova senda peonil na PO-407, en Budiño

A Xunta de Galicia ten previsto construír unha nova senda peonil na estrada autonómica PO-407, no Concello do Porriño. A actuación, que conta cun orzamento inicial previsto de preto de 425.000 euros, ten por obxecto habilitar un itinerario de preto de 1 quilómetro de lonxitude na marxe dereita desta vía, que discorre integramente polo municipio e cun tráfico maioritariamente local, cunha importante funcionalidade ao contar con vivendas na súa traza e dar acceso a un equipamento educativo como o colexio público Cruz de Budiño.

A Xunta impulsa deste xeito a execución dunha senda no treito da estrada PO-407 comprendido entre os puntos quilométricos 0+130 e 1+020, creando un espazo seguro para o tránsito peonil independente da calzada, xa que esta carece na actualidade dunha zona destinada á circulación dos peóns.

Nas vindeiras semanas someterase ao trámite de información pública o proxecto de trazado da senda, por un prazo de un mes. Este é un trámite necesario para que os interesados poidan presentar suxestións, e tamén a efectos expropiatorios, xa que coa intervención se afectan 37 predios.

A partir de aí os trámites administrativos continuarán coa análise das achegas recibidas, para incorporar ao proxecto aquelas que se consideren oportunas.

A previsión da Xunta é aprobar definitivamente o proxecto no outono para poder realizar a convocatoria dos actos de levantamento das actas previas das expropiacións e licitar as obras no primeiro trimestre de 2025. O prazo para acometer os traballos é de 8 meses.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS