domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísGalicia suma 220 hospitalizados por coronavirus, 46 en UCI

Galicia suma 220 hospitalizados por coronavirus, 46 en UCI

O coronavirus enche 220 camas dos hospitais de Galicia; 46 (+1) ocúpanas enfermos graves de UCI e 174 en planta (+5). Actualmente hai 3.022 galegos e galegas infectadas logo de que nas últimas 24 horas se detectaran 127 novos positivos, a cifra máis baixa desde fai 15 días.

Estabilidade con tendencia a alza. Así poderiamos describir a situación en Galicia, aínda que nalgunhas áreas como a viguesa, e nalgúns concellos a situación epidemiolóxica é claramente á alza.

Actualmente hai en Galicia 3.022 casos activos, sete máis ca onte, logo de 127 novos positivos, dos cales 101 foron diagnosticados a través dunha PCR. É a xornada con menos novos positivos dos últimos 15 días.

Por áreas sanitarias:

Vigo: 894 (+16)

A Coruña: 741 (+8)

Pontevedra: 458 (-27)

Santiago: 347 (+6)

Ourense: 264 (+7)

Lugo: 204 (0)

Ferrol: 114 (-3)

O número de vítimas en Galicia por mor da doenza elévase a 2.384, logo dos dous decesos comunicados onte por Saúde Pública dunha muller de 67 anos no CHUO e dun home de 77 anos no CHUVI.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS